De Colineta

A finais de setembro a cociña galega estará presente en dous escenarios distantes varios miles de quilómetros: Perú e Pamplona.

En Pamplona terá lugar o III Congreso Internacional de Gastronomía e Saúde (do 29 de setembro ao 1 de outubro) coa presenza de Antonio Botana, do restaurante Pandemonium de Cambados e Antonio Muíño, o gurú galego das algas, que falarán do “Presente e futuro das algas na gastronomía”, compartindo sesión co presidente da Asociación Española de Dietistas-Nutricionistas, Giuseppe Rusolillo.

Polo que respecta a Marcelo Tejedor, participará na primeira feira gastronómica internacional “Perú mucho gusto”, promovida entre outros polo cociñeiro Gastón Acurio. Xunto con Marcelo participarán no evento figuras da talla de Albert Adria, Marcos Moran, Xavi Gutiérrez, Sumito Estévez, Mikel Alonso y Bruno Eteriza, Martin Rebaudino, Leonor Espinoza, Gian Carlo Mazarelli, Pedro Miguel Schiaffino, Gaston Acurio, Hajime Kasuga, Flavio Solórzano, Andrés Ugaz, Héctor Solís, Sandra Plevisani, Javier Wong…