O salón, que habitualmente se celebraba nunha fin de semana de novembro trasladase a agosto e alargase unha semán

O Salón de Viños e Augardentes de Galicia, que nos primeiros anos se celebraba no mes de novembro chega á súa cuarta edición trasladándose ao mes de agosto, en plenas festas da cidade da Coruña. Un traslado que seguramente vai ser bo para o Salón e, porque non, paras as festas coruñesas.
O Salón terá lugar na súa sede habitual de Palexco, ao pe do peirao de transatlánticos do porto da Coruña, do 2 ao 8 de agosto. Unha semana completa de Salón que vai ser un gran desafío para organizadores e expositores. Participarán máis de 50 adegas galegas que presentarán máis de 200 marcas de viño.

De seguido reproduzo o programa completo do Salón, no que hai algunhas actividades reservadas só para profesionais.

SABADO 2 DE AGOSTO
11.00h. Lección maxistral e cata de umbrales TCA-TeCA. Imparte Miguel Cabral, director I+D Amorín. Organiza a Asociación Galega de Catadores
12.00h. Apertura do Salón e da “Tenda e do Bar de Viños”
Show Room de Viños Galegos só para profesionais (zona de Proa)
13.00h Presentación da revista do Clube de Viños e Augardentes Galegos
15.00h. Peche
17.00h. Apertura do Salón. Acto oficial de inauguración
20.00h. Curso de “Iniciación á Cata”
Congreso da “Asociación Española de Periodistas y Escritores del Vino”
20.30h. Degustación de pratos preparados polos alumnos da Escola de Hostalería da Asociación de Empresarios de Hostalería da provincia de A Coruña (zona “Bar e Tenda de Viños”)
20.30h. Noites de Viño e Son (escenario na zona de Popa)
23.55h. Peche

DOMINGO 3 DE AGOSTO
11.00h. III Concurso de Catadores: HEBE 08
11.00h. Congreso da “Asociación Española de Periodistas y Escritores del Vino”
12.00h. Apertura do Salón e da “Tenda e do Bar de Viños”
13.00h. Curso de Cata de augas
13.30h. Degustación de produtos galegos con Denominación de Orixe
15.00h. Peche
19.00h. Apertura do Salón e da “Tenda e do Bar de Viños”
20.00h. Cata dirixida por Ana Fernández, directora técnica do C.R. D.X. Augardentes e Licores tradicionais de Galicia: “As diferenzas”, cata de monovarietais: albariño, godello, mencía e catalán roxo
Entrega do Premio da Asociación de Empresarios de Hostalería da provincia de A Coruña ao restaurante con mellor carta de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia
20.30h. Noites de Viño e Son
22.55h. Peche

LUNS 4 DE AGOSTO
Día dedicado aos viños de Monterrei
19.00h. Apertura do Salón e da “Tenda e do Bar de Viños”
20.00h. Cata dirixida por José Manuel Fernández, secretario do C.R. D.O. Monterrei: “As dúas tendencias. brancos? con máis verdello ou verdello louro? e tintos? con máis mencía ou arauxa?”
Entrega do Premio da Asociación de Empresarios de Hostalería da provincia de A Coruña ao restaurante con mellor carta de viños da D.O. Monterrei
20.30h. Noites de Viño e Son
23.55h. Peche

MARTES 5 DE AGOSTO
Día dedicado aos viños de Rías Baixas
19.00h. Apertura do Salón e da “Tenda e do Bar de Viños”
20.00h. Cata de viños III ano, dirixida por un técnico do C.R. D.O. Rías Baixas: “A lonxevidade”, viños con máis de dous anos criados sobre lías en aceiro inoxidable (sen barricas)
Entrega do Premio da Asociación de Empresarios de Hostalería da provincia de A Coruña ao restaurante con mellor carta de viños da Rías Baixas
20.30h. Noites de Viño e Son
23.55h. Peche de portas

MÉRCORES 6 DE AGOSTO
Día dedicado aos viños de Ribeira Sacra
19.00h. Apertura do Salón e da “Tenda e do Bar de Viños”
20.00h. Cata dirixida por Beatriz Soto, directora técnica do C.R. D.O. Ribeira Sacra: “A diversidade”, cata de viños tintos por subzonas: Amandi, Chantada, Quiroga-Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil.
Entrega do Premio da Asociación de Empresarios de Hostalería da provincia de A Coruña ao restaurante con mellor carta de viños da D.O. Ribeira Sacra
20.30h. Noites de Viño e Son
23.55h. Peche

XOVES 7 DE AGOSTO
Día dedicado aos viños de Ribeiro
19.00h. Apertura do Salón e da “Tenda e do Bar de Viños”
20.00h. Cata dirixida por Pablo Vidal, director técnico do C.R. D.O. Ribeiro: “A pluralidade”, cata de monovarietales: treixadura, albariño, godello, mencía e sousón.
Entrega do Premio da Asociación de Empresarios de Hostalería da provincia de A Coruña ao restaurante con mellor carta de viños da D.O. Ribeiro
20.30h. Noites de Viño e Son
23.55h. Peche de portas

VENRES 8 DE AGOSTO
Día dedicado aos viños de Valdeorras
19.00h. Apertura do Salón e da “Tenda e do Bar de Viños”
20.00h. Cata dirixida por Jorge L. Mazaira, director técnico do C.R. D.O. Valdeorras: “A mineralidade nos viños brancos”, cata de viños procedentes de diferentes chans.
Entrega do Premio da Asociación de Empresarios de Hostalería da provincia de A Coruña ao restaurante con mellor carta de viños da D.O. Valdeorras
20.30h. Noites de Viño e Son.
Acto de clausura
23.55h. Peche

SABADO 2
“Show Room dos viños galegos” só para profesionais de 12.00 a 22.00h