En outubro o Atlántico e o Mediterráneo estarán conectados a través do Fórum del Mar que terá lugar en Cambrils (Tarragona)
Galicia será o territorio convidado no Fòrum del Mar, que se celebrará na localidade de Cambrils (Tarragona) do 26 ao 28 do próximo mes de outubro, promovido polo Patronat Municipal de Turisme e organizado pola empresa Pep Palau, von Arend & Associats, que tan bo sabor de boca deixou en Galicia coa organización do Forum Gastronómico Santiago’08, promovido por la empresa municipal de turismo de Santiago de Compostela.
Inda que o Fórum del Mar se entenda como unha xornadas de gastronomía mediterránea, Galicia estará presente, representando ao Atlántico e permitindo establecer unha ponte gastronómica entre o océano que baña as nosas costas e o mar Mediterráneo.
O Fòrum del Mar ten como obxectivo establecer un punto de encontro entre cociñeiros e produtores, fundamentalmente pequenas empresas artesanais e pequenos produtores agroalimentarios caracterizados pola calidade das súa producións. Neste marco, os produtores galegos poderán amosar unha ampla gama de produtos do noso mar, caracterizado pola súa diversificación e calidade.
O Forum terá un día aberto ao público xeral (26 de outubro) no que haberá demostracións de cociña en directo e degustacións populares. O público xa terá actividades nos días anteriores ao Forum, cunha sardiñada popular e a Festa del Peix Mecánic, consistente na degustación dunha especie de fideuá elaborada co fumet obtido a partir do coñecido como peix mecánic.
Os días 27 e 28 estarán destinados aos profesionais, que disporán de tres espazos diferenciados: escenario, aula e mercat del mar.
No escenario terán lugar as sesión de cociña a cargo de cociñeiros de diversa procedencia, na aula realizaranse degustacións de produtos e viños de Tarragona e o mercat del mar será un espazo para expositores.
© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico







27 July 2008 a las 17:54
joder, estas a todas, no se te pasa ni una.