July 19th, 2008Revenidas e lañadas
Revenidas e lañadas, as sardiñas protagonizan o verán galego, pero tamén poden ser os chicharos ou as xardas
En xullo e en puntos tan dispares como Vilaxoán (Vilanova Vilagarcía de Arousa) e Foz, lembran os vellos usos de peixes que aínda se consideran pobres por moito que ofrezan unas cualidades gustativas que poucos poden igualar: sardiñas e chicharros.
Dun tempo a esta parte a sardiña está tomando un gran protagonismo na cociña innovadora galega, co emprego deste peixe cru ou mariñado. Exemplo é a sardiña de San Xoán gañadora do concurso de tapas de Santiago.
Tradicionalmente a sardiña serviu para asar, cocer, empanar, afogar e rever, maneira esta última que da como resultado as sardiñas revenidas que festexan en Vilaxoán.
Cóllense as sardiñas máis frescas e, sen escamar nin destripar, vanse poñendo entre capas de sal, onde se poden deixar algunhas horas cando son para comer de inmediato ou todo un día se queremos conservalas algún tempo. O mellor é poñelas entre sal a media mañá para comelas no mediodía. Despois non hai máis que quitarlles o sal sobrante e asalas nas brasas, arte no que tradicionalmente se tendeu a churrascalas algo máis da conta para que sexan auténticas revenidas.
As lañadas poden ser sardiñas, pero tamén chicharros ou xardas. Limpase ben o peixe, eliminando a cabeza e a tripa e abrese para de seguido proceder da mesma maneira: poñelo entre capas de sal gordo. No caso do peixe lañado o normal é cocelo, eliminando o exceso de sal, e servilo con cachelos e pan, pero tamén se pode asar.
© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico







21 July 2008 a las 14:05
Vilaxoan pertenece a Vilagarcia de Arousa y no al ayuntamiento de Vilanova de Arousa
21 July 2008 a las 15:52
Desculpas polo lapsus xeográfico. Xa está correxido.
23 June 2009 a las 9:21
[…] No volveré hoy sobre lo ya publicado en los últimos años, que se puede leer aquí, aquí e aquí, pero aprovecho para recordar que en julio, los días 17 y 18, Vilaxoán (Vilanova de Arousa), vuelve a festejar las sardinas revenidas […]