June 11th, 2008“Royal” de ourizos
Inda que non estamos en tempada de ourizos frescos, que son marisco de inverno, en lata sempre o temos á nosa disposición inda que ás veces non sabemos que facer con eles.
Hoxe en Galicia Gourmet publicamos unha receita (“Royal” de ourizos) preparada por Juan Crujeiras, cociñeiro de A Estación (Cambre) nos pasados talleres de cociña organizados por Turismo de Santiago (Santiago Repetirás).
Unha maneira moi sinxela e saborosa de aproveitar esa lata que anda despistada pola despensa e quedar ben, moi ben, nunha comida coa familia ou os amigos.
© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico





