Royal de erizosInda que non estamos en tempada de ourizos frescos, que son marisco de inverno, en lata sempre o temos á nosa disposición inda que ás veces non sabemos que facer con eles.

Hoxe en Galicia Gourmet publicamos unha receita (“Royal” de ourizos) preparada por Juan Crujeiras, cociñeiro de A Estación (Cambre) nos pasados talleres de cociña organizados por Turismo de Santiago (Santiago Repetirás).

Unha maneira moi sinxela e saborosa de aproveitar esa lata que anda despistada pola despensa e quedar ben, moi ben, nunha comida coa familia ou os amigos.


Tapas-2

Vai quedando menos tempo para o inicio do primeiro concurso de tapas de Santiago de Compostela (Santiago(é)Tapas), que se desenvolverá ao longo de dúas semanas, dende o 28 de xuño ao 13 de xullo.

Como paso previo ao concurso, na próxima semana os hostaleiros composteláns poderán participar nun curso de preparación de tapas que impartirán tres dos grandes especialistas do sector.

Na primeira sesión Edorta Lamo e Íñigo Cojo de A Fuego Negro (San Sebastián), cociñarán e falarán sobre a conceptualización dunha tapa, a organización e loxística dunha barra e de unha cociña especializada nas tapas ou a súa exposición. Íñigo Cojo foi o gañador do Campeonato Euskadi de Pintxos en 2006 y 2007.

Pola súa parte, Paco Guzmán, chef do barcelonés restaurante Santamaría traballará coas súas habituais preparacións feitas con produtos de orixe moi diverso (lentellas, arroces, especias…) que se renovan constantemente.

Cos cervexeiros non

Como tódolos anos, Cerveceros de España volve a dicirnos con quen prefiren os españois saír de tapas, que beben e que comen neses momentos. E como tódolos anos cabréome coa tomadura de pelo dunha suposta enquisa, e como cada ano me cabreo máis desta volta dígolles que se vaian ao carallo.

Menten sen vergoña ao tempo que amosan o seu descoñecemento da realidade e demostran que so lles interesa vender, cos métodos que sexa. Como tódolos anos, a enquisa di que á hora do aperitivo os galegos prefiren a cervexa. Deberían dar unha volta polos bares de Galicia para comprobar a realidade, e xa de paso os enquisadores e os cervexeiros que leven consigo aos redactores dos medios de comunicación galegos que reproducen a nota de prensa recibida sen o máis mínimo análise. A realidade é que o consumo de viño en Galicia segue sendo moito máis alto que o de cervexa.

Xa teño falado outras veces destas enquisas e me remito ao publicado en 2006 e 2005. Tamén teño falado persoalmente cos responsables da realización da enquisa, que un ano me recoñeceron que nesa ocasión non realizaran ningunha enquisa e que traballaban cos datos do ano anterior, no que me indicaran que non sabían cantas enquisas realizaran en Galicia porque trataban conxuntamente todo o noroeste e norte de España: galegos, asturianos, cántabros, vascos, casteláns, leoneses… todos no mesmo saco.

Eu, a verdade, desta volta tomaría uns viños con calquera… menos cos responsables desta pseudo-enquisa.

Actualidad

    sígueme en Twitter

    © 2007 Colineta | Curved 3-Columnas por Felix Ker & JustSkins.| Traducido por Trazos Web & Arquitectura