June 1st, 2008Aesan e os aditivos
Os defensores do uso de aditivos na cociña, polo menos na cociña dos grandes chefs, que a día de hoxe son lexión, teñen un novo referente para reforzar as súas teses en blogs e tertulias: o artigo que Rosa Rivas publica en El País con entrecomillados da Axencia Nacional de Seguridade Alimentaria (AESAN), extraídos da páxina web deste organismo estatal dependente do ministerio de Sanidade e Consumo. De ditos entrecomillados pódese deducir que os preocupados polo uso de aditivos, legais ou non, na cociña somos algo paranoicos.
Mágoa que en El País non se publique tamén o que eu entrecomillo de seguido, que se atopa na mesma páxina do apartado de “preguntas frecuentes” da web de Aesan da que o xornal sacou o que sí publica.
Aesan di:
“Pese a todas estas garantías, el Código Alimentario Español sólo contempla la utilización de aditivos si:
- Existe una necesidad manifiesta y representa una mejora evidente sobre las condiciones de los alimentos.
- Se ha comprobado experimentalmente que su uso está exento de peligro para el consumidor
- Reúnen las debidas condiciones de pureza
- Pueden identificarse en los alimentos mediante métodos analíticos sencillos
Se prohibe la utilización de aditivos siempre que exista la posibilidad de lograr los mismos efectos por otros métodos, si puede provocar engaño al consumidor por enmascarar la verdadera calidad del alimento, si disminuye el valor nutritivo de los alimentos, o si los alimentos a los que se agregan pueden ser una parte importante de la ración de grupos vulnerables (lactantes, niños).”
© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico


1 June 2008 a las 17:17
Al final la guerra esta va a traer cola, no beneficiará a nadie y salpicará a todo el mundo. Importantes matizaciones las descritas en este post.
2 June 2008 a las 12:08
O que eu non acabo de comprender é a teima do grupo Prisa nesta defensa acrítica e mesmo entusiasta, xa non de F.A. e os seus acólitos, senón mesmo dos valores saludables dos aditivos. O artigo que acertadamente traes a colación é unha boa proba. Como para facermos luz sobre todo o tema faría falla un monton de espazo, e como sei que este non é un tema que te entusiasme, seguramente con razón, voume limitar a facer un par de anotacións:
1.- Resulta cando menos curioso que, mentres a procura de alimentos exentos de conservantes, colorantes…. en definitiva aditivos, viña sendo un valor en alza, agora vai resultar que, por medio de verdades a medias e mistificacións, tales substancias son o colmo das marabillas, están super-estudadas e aportan beneficios sin fin ao noso organismo.
2.- Sistemáticamente se oculta que o emprego de aditivos NA INDUSTRIA ALIMENTARIA está regulado, limitado nas cantidades e nos tipos e controlado pola inspección (por exemplo, o emprego de alxinatos en natas está limitado ao 0,5% e en conservas cárnicas ao 1%). Unha cousa é que exista unha listaxe de aditivos autorizados para o seu uso (repito, na industria) e outra ben distinta que ises aditivos se podan empregar en todos os alimentos e/ou en calquera proporción. Pola contra, na restauración non existe nin regulación, nin listaxe de autorizacións, nin control das dosificacións, nin inspección. Esta é unha verdade que os expertos que interveñen nese medio “esquecen” comentar, e estou seguro que non por ignorancia…. tiren vostedes as conclusións.
En definitiva, que resulta moi de agradecer a polémica, aínda que non sexa máis que por levantar sequera levemente o velo de maxia, alquimia e frivolidade que rodea todo este mundillo, e que, para min polo menos, comeza a resultar francamente fastidioso….
2 June 2008 a las 18:56
Completamente de acordo contigo eSedidió. Moitos dos que escriben contra Santamaría deberían antes ler o Código Alimentario e sobre todo enterarse de como se elaboran as listas positivas de aditivos, de como ás veces hai que modificalas porque se descubre algo que antes non se sabía. E pensar que xa vivimos rodeados de abondas agresións químicas como para buscar outras por capricho. Eu sigo decindo o mesmo, aquí o que falta é moito sentidiño.