May 30th, 2008Pican ou non
- “Os que eu vendo non pica ningún” asegura a pementeira de Herbón ante a cesta de pementos que acaba de apañar no seu invernadoiro.
- “Pero a min gústame que algún pique” dígolle, ao que me contesta que non hai problema, que ela me ha poñer polo medio algún dos que pican.
- “Así que vostede sabe distinguir os que pican dos que non”, digo, tirando as redes unha vez máis a ver se por fin consigo que alguén me diga cómo se distinguen uns dos outros.
A pementeira mírame como se me perdoase a vida e exclama algo irritada: “Levo toda a vida entre os pementos porque aos seis anos xa ía ao mercado vendelos, así que os distingo á primeira”. É o momento de preguntar cales son as señas dos picantes, pregunta á que por toda resposta recibo un pemento na man e a afirmación “Este pica”.
Miro e vexo que se trata dun pemento grande. Así que boto a primeira: “Pican os grandes, eh!”. A resposta é outro pemento, esta vez pequeno, e outra lacónica afirmación “Este tamén pica”.
Hai que volver a comezar. O primeiro pemento ademais de grande era curto e gordo, así que vou por esa vía e a muller volve a responder da mesma maneira: ponme na man un pemento longo e estreito e di que aquel tamén pica.
Aínda me queda un último recurso. “Tamén hai quen di que se distinguen pola pel, que os picantes a teñen máis transparente e os que non pican máis opaca”, digo. A resposta é contundente: “Xa”.
E antes de que eu poida dicir nada máis a muller comeza a falar de novo: “Mire, o que sae retorto, sae retorto e xa non hai quen o enderece. Pasoume cos fillos, que de pequenos ían á pasantía porque daquela non había guarderías, e dous saíron da pasantía sabendo ler e escribir, pero co outro non houbo maneira...”. A muller segue explicándome como o mestre da pasantía fora desculparse por non ter sido capaz de conseguir nada del, e como foi ela a que conseguiu poñelo no bo camiño, e como os nenos aprenden á primeira inda que algúns é difícil sacárllelo de dentro, e…
“Nada que facer, seguirei sen saber como se distinguen os picantes dos outros” pensei. Un momento despois a muller cambiou de conversa, colleu da miña man os pementos que ela dicía que picaban e explicoume o seu segredo. Levei aqueles pementos para a casa e fritinos. Picaban todos. E levei dos outros e non picaba ningún.
Agora, antes de revelar o segredo, espero escoitar as vosas teorías nos comentarios.
© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico






30 May 2008 a las 17:46
Ni idea tenia la señora. Ni nadie. Los pimientos de padron basan su picor en una sustancia que se desarrola mas o menos en unos que otros por razones quimicas que no se acierta a definir por los simples rasgos exteriores del fruto.
Es cierto que se da estadisticamente mas en los grandes que en los pequeños, que se da mas en los mas mas con la edad del pimiento y que si colocas pimientos de Padron cerca de otros rojos normales estos pueden tambien picar porque la sustancia se comparte via raices.
Fuera de esto decir que unos pican o otros no a simple vista es cuestion de “meigallo”.
Que haberlas ailas (jeje)
30 May 2008 a las 18:34
Ni idea. Pero me tienes dándole al refresh hasta que lo descubras :). Esto es la noticia más grande desde que se decubrió agua en Marte.
30 May 2008 a las 22:32
José Luis, solo te puedo decir que los que la señora sacó de la cesta asegurando que eran picantes acabaron en mi sartén y picaban. Y los que dijo que no picaban fueron a la misma sartén y la señora tenía razón. Por lo que me dijo, calculo que lleva entre 50 y 60 años entre pimientos.
Carlos, hasta la semana que viene no podrás resolver la duda, que no voy a tener tiempo en el fin de semana se escribir gran cosa.
¿Más comentarios?
31 May 2008 a las 0:47
pois…por unha forma más retorta? nin idea, xa contarás
31 May 2008 a las 2:52
Os retorcidos son os que pican e decir aqueles que non son ben feitiños pican e ainda sendo ben feitos poden ser retorcidos, como os fillos da señora xDD.
Outra opción é se a foto é unha pista que piquen aqueles que teñen manchas castañas ao redor do rabo.
2 June 2008 a las 9:44
Din que fai unhos anos sacaron unha “raza” modificada xeneticamente que non pica. Eu penso que os de sempre o que tenñen e “que uhos pican e outros non”….
6 June 2008 a las 13:31
http://www.reizentolo.com/nueva/catalogo/carrito.php?deseno=512&tipo=1
Mira este enlace: Little Green Hot Peppers from Padron. Some are spicy, others don’t. Me encanta la camiseta.
22 June 2008 a las 10:01
[…] días que tenía pendiente hablar de cómo combatir el picante de los pimientos de Padrón cuando ya están en la boca y poco hay que hacer, aunque en realidad yo buscaba propuestas de los […]