A Federación Nacional de Confrarías Vínicas e Gastronómicas (Fecoes) concedeu o premio nacional á mellor revista de agroalimentación a Orixe, editada por Eumedia. Fecoes destacou da revista Orixe “a calidade dos seus artigos e do traballo desenvolvido” pola publicación.
A revista distribúese exclusivamente a través de subscrición, pero na súa páxina web pódense ler os seus contidos, unhas veces de forma gratuíta, como a entrevista con Santi Santamaría de marzo de 2007, realizada logo da súa polémica intervención en Madrid Fusión, ou de pago, como a miña última reportaxe publicada sobre os grelos de Galicia (por menos dun euro). No próximo número publico unha reportaxe sobre a futura indicación xeográfica protexida Torta de Santiago e agora traballo en varias reportaxes para os números seguintes.
Compráceme enormemente colaborar nunha revista do nivel e calidade de Orixe, aínda que a miña incorporación á mesma sexa moi recente. Pero resulta que o seu subdirector, Luís Mosquera, iniciouse ao meu lado no xornalismo agroalimentario fai xa moooooitos anos. E el se que é responsable do éxito de Orixe.
Ademais hai outro vínculo afectivo que me une a Orixe: a revista recibiu en 2006 o premio Alimentos de España ao mellor labor informativo, premio que eu recibira o ano anterior.
Satisfeita a dose de vaidades desta semana, pasemos a outra cousa.






