Os libros de cociña e gastronomía non sempre reciben o tratamento que merecen por parte das publicacións especializadas no mundo editorial. O normal é que se considere un xénero menor carente de interese para ese tipo de publicacións.
Pero non sempre. Dende o momento mesmo do seu nacemento, ProTexta, o suplemento de libros de Tempos Novos reserva un espazo para o comentario de libros culinarios, que teño a satisfacción de elaborar.
Agora Protexta pódese consultar na rede na nova web Temposdixital.





