Nova York, ano 2022 (so quedan 14 para chegar aló). O policía Robert Thorn (Charlton Heston) emociónase cun simple tomate, tanto como décadas despois se cabrearía tamén por un tomate o personaxe que interpreta Kevin Kostner en Waterworld. ¿Coincidencia?, ¿Homenaxe?, ¿Copia?.
Ao final da película, o poli de Nova York acaba descubrindo a horripilante realidade do alimento máis popular la época, por non dicir o único: o soylent grenn (ler: SOILAN grenn). O mellor amigo do policía acaba convertido en comida.
A foto foi tomada a semana pasada preto de Chantada (Lugo). Segundo o nomenclator oficial en Chantada hay dous lugares con este nome. Xa se saberá o que pasa “Cando o destino nos acade”.





