Marzo 27th, 2008Mozarella italiana con máis dioxinas das permitidas
Onte lin unha pequena información sobre a aparición de dioxinas en mozzarella italiana exportada a Xapón, pero non lle din moita importancia ao asunto, tal e como fixo a prensa en xeral.
Pola contra parece que o asunto ten a súa importancia, así que aquí deixo este enlace con Consumaseguridad, unha web do grupo Eroski no que se fala que Italia pechou, de forma provisional, 83 granxas de bufalas e que se atoparon dioxinas, en cantidade superior ao permitido, en mozzarella e leite de 25 das 130 queixerías supervisadas.
ACTUALIZACIÓN: Igual me confundín e a información non facía referencia a Xapón, xa que os italianos aseguran agora que a mozzarella afectada non saiu do mercado local. Polo que acaba de publicar hai uns minutos La Voz de Galicia a cousa parece que se pon fea e a UE ameaza con bloquear a venda de mozzarella.
© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico


27 Marzo 2008 a las 19:05
A ver se vai a ser Mozarella de Campania… De ser así esto podería ser un efecto secundario bastante pernicioso da crise dos vertedoiros en Nápoles que vimos vendo na prensa todos estes meses.