Onte lin unha pequena información sobre a aparición de dioxinas en mozzarella italiana exportada a Xapón, pero non lle din moita importancia ao asunto, tal e como fixo a prensa en xeral.
Pola contra parece que o asunto ten a súa importancia, así que aquí deixo este enlace con Consumaseguridad, unha web do grupo Eroski no que se fala que Italia pechou, de forma provisional, 83 granxas de bufalas e que se atoparon dioxinas, en cantidade superior ao permitido, en mozzarella e leite de 25 das 130 queixerías supervisadas.
ACTUALIZACIÓN: Igual me confundín e a información non facía referencia a Xapón, xa que os italianos aseguran agora que a mozzarella afectada non saiu do mercado local. Polo que acaba de publicar hai uns minutos La Voz de Galicia a cousa parece que se pon fea e a UE ameaza con bloquear a venda de mozzarella.

