Na Festa da Filloa da Pedra celebrada na Baña vendían estas botellas de crema de augardente decoradas con motivos castrexos unhas e con reproducións de estampas de Castelao as outras.

Aparte da crema vendían tamén licor café e ata as botellas valeiras para reencher co noso propio licor.

Deixando aparte o máis que probable incumprimento dos dereitos de propiedade intelectual no caso das reproducións de Castelao, o certo é que as botellas son moi bonitas.

Pedín unha tarxeta pero non tiñan e nun papel apuntáronme: “Maica-Licores 639 82 47 15”.