Marzo 17th, 2008Unha filloa rechea de cocido, gañadora no concurso de A Baña
A “Filloa á pedra rechea de pote galego con salsa de chourizo e fume de loureiro”, presentada por Jesús Sordo, do restaurante compostelán Bocalino foi a gañadora do IV Certame de Cociña de Filloas da Pedra, celebrado na Baña (A Coruña), con motivo da quinta edición da Festa da Filloa, que tivo lugar o 16 de marzo.
O prato premiado, consistía nun atado de filloa que no seu interior levaba tódolos compoñentes dun cocido galego (¿porque lle chamou “pote”?) e por derriba a salsa do chourizo. Sordo rematou o prato no mesmo momento de presentalo ao concurso, poñendo a salsa de chourizo e procedendo ao seu afumado por medio dunha pipa con serraduras de loureiro. Segundo me dixo, descubrira o sistema no Fórum Gastronómico e pareceulle interesante aplicalo para o certame.
No apartado de mellor presentación o premio foi para o “Carro de crema de oruxo”, presentado por Juan Nieto e Susana Freita, do equipo da tapería D’Antaño (Bertamiráns). Tratábase do tradicional carro de vacas do país elaborado con roliños de filloas recheas de crema de augardente, no estilo dos pratos que veñen presentando ao certame habitualmente, que na primeira edición foi unha representación da ponte de Ponte Maceira, no concello de Ames, e o ano pasado un hórreo, en ambos casos compostos con rolos de filloas recheos de crema ou queixo.
Pola súa parte, o público deu unha mención especial ao prato “Rei”, presentado por Uxía, sen máis indicacións da autora, que en realidade é unha nena de arredor de 12 anos. Tratase dun prato con filloas, nata e marmelada de amoras.
Os visitantes á festa da filloa deron boa conta dos miles de filloas feitas na pedra ao longo de toda a noite por un total de 40 filloeiras, así como as realizadas na mesma feira ao longo do día. Tamén houbo talleres para aprender a facer as filloas á pedra, así como outros para cociñar con este utensilio produtos tales como carne, ovos fritos, cigalas, berberechos, ameixas, pementos, patacas, etc.
© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico


23 Abril 2008 a las 19:39
[…] Tenía guardadas para un post sobre el asunto unas fotos de pan que hice en A Baña con motivo de la Festa das Filloas da Pedra, fotos que se pueden ver en la proyección de diapositivas más abajo, cuando recibo por segunda vez en los últimos tiempos una buena muestra de pan casero. En esta ocasión un bollo entero, de más de 3,2 kilos, amasado a mano con harina de trigo del país y cocido en el horno de leña tradicional de una casa de Ferreiros, en el ayuntamiento de O Pino. Y llego a la conclusión de que los que no probaron el pan hecho en casa no saben lo que es pan y viven convencidos de que una vulgar baguette de supermercado puede sustituir siglos de saber popular. […]