Marzo 13th, 2008Beatriz Sotelo, cociñeira do ano
Beatriz Sotelo cociñeira de A Estación, acaba de gañar o concurso “Cocinero del Año”, que tivo lugar en Barcelona no marco de Alimentaria. Arredor das 18:15 horas desta tarde o xurado daba a coñecer o resultado, convertendo a Beatriz na primeira muller que gaña o concurso, despois de impoñerse a sete homes na final de Barcelona e a outros oito na semifinal de Xixón.
Na final Beatriz presentou un menú composto de:
- Canelón de faisán con xugo de asado e trufa.
- Merluza de Celeiro con xugo de pemento verde e pilpil
- Biscoito de améndoa, albariño e mazá.
Tamén está de noraboa Inés Abril, do restaurante Maruja Limón de Vigo, que o martes gañaba o campionato galego de cociñeiros, sendo tamén a única muller participante. Inés representará a Galicia no campeonato español, que terá lugar no marco do Salón do Club de Gourmets, no próximo mes de abril.
O éxito destas dúas cociñeiras galegas fainos pensar no escaso papel que a muller ten na cociña profesional, un mundo dominado por homes. Malia todo, en Galicia aínda hai un fato de cociñeiras destacadas, tendo que sumar ás protagonistas da semana os nomes de Toñi Vicente, Ana Gago (Casa Pardo), Manicha Bermúdez (A Taberna de Rotilio), Ana García (restaurante Ana, Santiago de Compostela) e tantas outras que agora non me veñen á cabeza ou desenvolven un traballo anónimo.
Parabéns Beatriz e Inés.
NOTA DE AUTOBOMBO: Para un xornalista gastronómico galego a nova do día de hoxe non podía ser outra que o resultado do concurso, especialmente co resultado que tivo. Así que había que estar atentos e dende Colineta estivémolo. Cinco minutos despois de facerse público o fallo do xurado, a nova do triunfo de Beatriz Sotelo estaba xa publicada en Colineta. ¡E iso que non estabamos en Barcelona!. Non me equivoco se aseguro que Colineta foi o primeiro medio escrito que deu a nova en toda España. E digo escrito por se había algunha radio emitindo en directo no momento do fallo.
Dúas horas despois de Colineta facíase eco da nova Granada digital, xa que o terceiro clasificado é granadino. Algúns minutos despois Radio Granada, que imaxino do mesmo grupo que o Granada digital xa que publican o mesmo texto. Galicia Gastronómica foi o terceiro medio en publicar a nova, pero tres horas despois de que o fixera Colineta. E polo momento non hai máis.
MÁIS: Dúas horas máis tarde publica anova a edición dixital de La Opinion Coruña e xa de madrugada as de La Región, La Voz de Galicia e El País.
E MÁIS: na mañá do venres volven os granadinos á carga, agora no Ideal (de Granada). Tamén Galiciae (grupo EL Progreso).




13 Marzo 2008 a las 19:00
Ben!
14 Marzo 2008 a las 1:51
Algo dentro de min decíame que ía ser ela .
Teño unha amiga alá en Alimentaria. Seu marido está a presentar uns licores novos( eles son mallorquins pero fan os licores de Montserrat). Bueno, ó millor vos soa o nome dela. E moi boa amiga miña e ten un blog moi visitado…www.lacocinadeauro.com
Seguro que a coñecedes. Ben. Comenteille outro día o tema de Bea, e que fora a vela no concurso. Estou a espera da nova.
PArabéns para ti Miguel polo teu esforzo.E para BEA, o millor do mundo. Nesta hora debe estar disfrutando do lindo e non é para menos. E pregúntome¿qué terán estos nove que andan por todas partes?
Esperemos que a TVG e a RG se dignen en amosar algo.
Berta
25 Abril 2008 a las 16:46
[…] La cosa de la cocina en Galicia comienza a complicarse para los hombres. Después del triunfo de Beatriz Sotelo en Barcelona (Cocinera del año), de la gran actuación de Inés Abril en Madrid (premio a la mejor presentación), ahora leo que Laura Nieto, una gallega afincada en Tenerife acaba de ganar el Campeonato de Cocineros de Canarias con un sesudo plato: cabrito relleno de sus propios pensamientos. […]