Na cata de requeixo que dirixín no marco do Forum Gastronómico os asistentes puideron probar catro requeixos galegos e comparalos cun requesón producido fóra de Galicia. Os requeixos catados foron os que producen a cooperativa Condado Paradanta (As Neves, Pontevedra), a cooperativa Arquega (Montesalgueiro, A Coruña), a cooperativa CampoCapela (A Capela, A Coruña) e Lácteos Lorán (Abadín, Lugo).
Inda que o requeixo se consume tradicionalmente como sobremesa, adozado con azucre ou mel, a cata realizouse “ao natural”, é dicir, sen engadir ningún tipo de edulcorante. Ao remate da mesma os asistentes puideron realizar unha degustación do requeixo de Campo Capela con azucre. Lee el resto de esta entrada »

