A falta do resultado da enquisa encargada polo Concello de Santiago para coñecer o perfil dos asistentes ao Forum Gastronómico Santiago’08 e os motivos para acudir ao mesmo, as cifras oficiais do evento, facilitadas esta maña en rolda de prensa polos responsables do Forum son as seguintes:
- 382 nenos participaron na fin de semana nos talleres infantís
- 65 relatorios e sesións de cociña
- 5.000 metros cadrados de exposición comercial
- 125 xornalistas acreditados, procedentes de España, Portugal, Italia, Alemaña, Dinamarca e Bélxica.
- 800.000 visitas á páxina web do Forum nos cinco días de celebración
- 7.000 visitantes simultáneos á web nun momento determinado
Con tanta actividade no Forum Gastronómico, acabo de decatarme de que aínda non vos presentei a miña última creación: a Guía Gastronómica Santiago de Compostela, que se presentou ao público o pasado venres na cea de inauguración do Forum e que foi distribuída a tódolos congresistas e prensa asistentes ao mesmo. Os interesado poderán adquirila a través de Turismo de Santiago, que foi quen apostou por dotar á cidade dunha guía que é moito máis que un repertorio de restaurantes. Gracias a Turismo de Santiago, ao Concello e á Deputación Provincial que fixeron posible a existencia desta guía.
Pero antes de entrar en detalles é xusto agradecer publicamente a colaboración de Jorge Guitián na mesma, que elaborou unha introdución espléndida (“Historia gastronómica dun cruce de camiños”) que poderedes seguir no seu blog, xa que anuncia que a vai incluír no mesmo. Pero a colaboración de Jorge non remata aí, senón que tamén me axudou na selección dos locais a incluír na guía e me facilitou información de primeira man de aqueles que eu descoñezo ou coñezo mal. Gracias Jorge.
Lee el resto de esta entrada »
Antes de comezar o Forum xa falaba do meu intenso programa de traballo no mesmo, que se completou coa presentación da entrega dos premio InnoForum concedidos aos mellores produtos da feira. Así que con semellante actividade non me quedou moito tempo para atender ao resto do programa, ata o punto de que única actividade na que estiven dende o comezo ata o final foi a ponencia de Marcelo Tejedor, coa que se clausurou o Congreso e sobre a que escribirei máis tarde.
Así que pouco poderei contar do Forum co nivel de detalle con que o fan os meus compañeiros blogastronómos, aos que vos remito para coñecer máis sobre a ponencia de Chef Rivera ou as catas de augardentes de Galicia, de sidras, de bombóns, viños e queixos, o circo do Grupo Nove, a ponencia de Carme Ruscalleda ou Flavio Morganti, por poñer algún exemplo dos moitos que podedes atopar nas páxinas de Manolo, Sole, Salome, Jorge e Óscar, que foron os grandes reporteiros-blogueiros do Forum.
Lee el resto de esta entrada »
O que comezou coma un pequeno divertimento acabo convertido nun gran equipo de filloeiros, sen dúbida o mellor do mundo. Pillamos coa filloa na man a Came Ruscalleda, marcelo Tejedor, Seiji Yayamoto, Xosé Cannas, Pedro Roca, Antonio Botana, Xoán Cannas, Taky e Diego Bello, que conforman un verdadeiro “dream team” da filloa. Na reserva están ademais Pepe Solla e Vitor Sobral, que pousaron coas filloas pero non as viraron a alguén se lle esqueceu convidalos e facelo) e Ferrán Adriá, que en dúas ocasións distintas parou no stand da asociación Filloas da Pedra, de A Baña, e probou ben probado o produto, pero rexeitou a invitación a meterse detrás do fofón. A colección completa de fotos pódese ver no post en que publiquei as primeiras e que despois foi medrando con novas achegas.