Comezou o congreso profesional do Forum Gastronómico Santiago’08 cunha explosión estelar que se manifestou en forma de flahses por tódolos recunchos do Palacio de Congresos e acumulación de cámaras de televisión á saída do Auditorio Compostela, por diante do cal por momentos era imposible circular: mentres unha televisión entrevistaba a Carme Ruscalleda, rodeada de xornalistas, outra facía o mesmo con Ferrán Adriá e unha terceira con Marcelo Tejedor. Houbo cámaras para todos e congresistas interesados en fotografiarse coas grandes estrelas da cociña.
O máis divertido da mañá foron as fotografías dos cociñeiros que pasaron polo stand da asociación Filloas da Pedra e se deixaron fotografiar dándolle a volta a unha filloa. Vai aquí a testemuña gráfica, na que faltan, polo momento dúas fotos: Ferrán Adriá virando unha filloa e Seiji Yamamoto facendo o mesmo. Ferrán pasou dúas veces polo stand das filloas pero na segunda ocasión, na que eu fixen a foto que acompaña, non se decidiu a poñerse detrás da pedra. “Zapatero a tus zapatos”, dixo cando o convidaron a facelo. Pode que a causa fora a presencia de fotografos de prensa, que non había na primera ocasión e na que si virou a filloa.

Marcelo Tejedor








