Despois de semanas escoitando a reivindicación dos máis pequenos da casa decidimos pasar o martes de Entroido na neve, o que nos obrigou a achegarnos á estación de Cabeza de Manzaneda, onde non ía hai xa algúns anos. A estación presta un bo servizo para os galegos e portugueses do norte afeccionados á neve, pero de regreso do cumio ourensán pregúntome a onde vamos neste país en materia turística.
Os acceso son un horror, váiase por onde se vaia. Non sei que pensan nos respectivos concello, na Deputación Provincial de Ourense e na Xunta de Galicia, incapaces todos eles de dotar a un centro de atracción turística, emprazado nunha zona rural abondo deprimida, dun acceso decentes. Tampouco é tan grande a obra. Dende Pobra de Trives ata a estrada que sube a Manzaneda son 10 quilómetros que precisan un novo trazado, porque o resto está ben. Pero eses 10 quilómetros son absolutamente terceiromundistas. Lee el resto de esta entrada »





