“Que aproveite”, “Gracias” é a conversa repetida á que se ven sometidos os ocupantes da mesa máis próxima á entrada-saída das tradicionais casas de comidas que aínda quedan no noso país e nas que segue a ser sinal de boa educación desexar bo proveito cando se entra e se sae do comedor.
Neste comedor case nunca se ven garabatas, e de haber algunha seguro que está no pescozo dun viaxante de comercio. O resto da clientela acostuma a estar composta de obreiros, oficinistas, xubilados da vila que quedaron na vida sen compaña familiar próxima. Ás veces algún tipo desentoa no ambiente. A súa cara, a súa maneira de vestir e de comportarse permiten descubrir que ese non é o seu ambiente de diario. Fíxense, esqueceuse de desexar bo proveito antes de coller mesa. É un urbanita que por casualidade caeu alí, inda que as veces non hai tal casualidade, senón coñecemento do sitio e toda a intención de comer o menú da casa. Lee el resto de esta entrada »

