O prazo de inscrición no congreso profesional do Forum Gastronómico Santiago’08 está xa aberto a tódolos interesados, que poderán facelo a través da web do evento.
Cabe salientar especialmente o esforzo realizado polos organizadores para ofrecer o prezo máis barato posible. O prezo para asistir ás tres xornadas do congreso será de 350 euros (Madrid Fusión custa 590 euros), pero realizando a inscrición antes do 15 de xaneiro hai una boa rebaixa e quédase en 250 euros. Lee el resto de esta entrada »
Unha parte importante da humanidade pasa sede e nunca viu auga limpa como a que sae a diario polas billas das nosas casas. Outra parte pasa fame, tanta fame, tan negra, que chegan a morrer de fame. Esa é a realidade deste mundo no que somos uns privilexiados e comemos e bebemos a capricho.
Pero semella que todo ten un límite. Hoxe vin un deses casos: unha botella de auga mineral de tres cuartos de litro que custa preto de 100 euros. No Club del Goumert do Corte Inglés estavos agardando.
Todo o mérito do asunto parece residir no deseño da botella e no feito de que a etiqueta está realizada con cristais swaroski, cun deseño que lembra os tangas das stripers que saen nas películas norteamericanas. Ademais de mal gusto paréceme unha inmoralidade.
(Intencionadamente non hai foto nin enlaces)