Sigo co libro de Ramón Núñez e cada páxina que paso me gusta máis, así que volvo a recomendalo de novo a todo o mundo, incluso aos que coma min as pasaron canutas no instituto para aprobar a física. Claro que se me houberan ensinado física como o fai Núñez, outro galo nos cantaría.

Acabo de ler sobre o principio físico da osmoses, algo do que todos temos escoitado falar nalgunha ocasión pero non todos comprendemos claramente. Simplificando as explicacións do científico, poderíamos dicir que a osmoses é a responsable de que cando poñemos unha nécora en auga derriba do lume e a deixamos cocer, a auga acabe sabendo máis ou menos a nécora e a nécora resulte máis saborosa ou eslamiada. O mellor do conto é descubrir como a osmoses de pode controlar. Lee el resto de esta entrada »