Con frecuencia poden ler nesta sección queixas polo trato que moitas veces recibimos os consumidores cando nos dan gato por lebre, cousa que sucede con moita frecuencia, moita máis do que se debería permitir, inda que semella que algunhas normas están feitas á medida da industria alimentaria e sen ter en conta as necesidades e intereses dos consumidores.

Falo, por exemplo, desa permisividade no etiquetado dos alimentos, que indican que tal ou cal produto contén “aceites vexetais” e ata “graxas vexetais”, inda que as mesmas sexan un dos compoñentes fundamentais do mesmo, como é, por exemplo, o caso da margarina, na que so se indica o tipo de “aceite” ou “graxa” cando supón unha cualidade positiva, como no caso das que conteñen aceites de oliva, xirasol ou millo. Basta con que leven un tres por cento de calquera deses aceites para que xa apareza citado na etiqueta, mentres que os de palma ou coco, que poden supoñer preto da metade do que hai na terrina, xamais se citan. Lee el resto de esta entrada »