“Felicidades para ti en esta Navidad, te digo al ritmo de alegre chachacha” cantaba en tempos Celia Cruz acompaña pola Sonora Matancera, o grupo que dirixía o galego Rogelio Martínez e co que a artista habanera acadou o estrelato, en Cuba antes da Revolución e fóra despois dela. Cada mes de decembro recupero o disco que contén esa canción (Chachacha de la Navidad), xunto con outras dedicadas ao mesmo tema por artistas cubanos da talla de Compay Segundo, o Conjunto Matamoros, Ñico Saquito, Miguelito Cuní, Félix Chappottín… todos grandes estrelas. “Nochebuena en La Habana”, se titula a recompilación.

Doce temas contén o disco. Nun deles a propia Celia Cruz fala dos motivos relixiosos do Nadal. Nos outros once fálase de comer leitón, “guanajo relleno”, “frijoles negros”, tostones, iuca con mollo de allo e outras delicias do Nadal cubano. E fálase tamén de bailar, como non pode ser menos en Cuba. “Vino con sabor a uva, bastante sidra de España” conta unha das cancións. Lee el resto de esta entrada »