Pois semella que abrir restaurante en Santiago non está fácil nos tempos que corren. Nos últimos tempos dous cociñeiros de sona, Jaume García e Pedro Roca, andaban á busca dun local para establecerse por conta propia en Compostela, pero o primeiro xa desistiu do intento e hoxe mesmo, 21 de decembro, reabriu o Velis Nolis de A Estrada, que pechara despois do verán co obxectivo de abrir en Santiago a comezos de 2008.

A motivación de Jaume García para aproximarse a Santiago era clara e evidente: a meirande parte dos clientes do seu restaurante estradense chegan dende Compostela, así que o máis práctico era que o restaurante viñera a Santiago no canto de facer que os clientes se desprazaran á Estrada. Polo momento o intento foi fallido. Lee el resto de esta entrada »