Xa é a segunda vez que me da a risa escoitando a Sergi Arola dicir a mesma parvada: os cociñeiros galegos teñen difícil destacar por mor da enorme calidade dos nosos produtos. E todos tan panchos. A Voz de Galicia ata titula “Arola y Ana Rosa coas Rías Baixas” (o “y” non é erro meu), cando máis ben debería dicir “Arola contra Galicia”.

Levamos décadas cunha cociña baseada exclusivamente na calidade do produto, con elaboración moi sinxelas, que levaron aos de fóra a dicir que en Galicia non se cociñaba e se deixaba todo en mans da calidade da materia prima. Reclamaban entón máis traballo dos cociñeiro e agora ben este tío a dicirnos que case mellor deixar a cousa como estaba.

Aceptemos a gran calidade do produto galego. ¿E que?. ¿Non se pode facer alta cociña con grandes produtos?, ou dito doutra maneira ¿Emprega Arola produtos de media calidade para “lucirse” na cociña? ¿Que peixe ou que marisco empregan nos restaurantes madrileños, barceloneses ou vascos? ¿Non é a mesma calidade que temos aquí?, ¿cómo é posible que se diga que o mellor peixe e marisco galego vai para Madrid e despois nos veñan con parvadas dese estilo?.

¿Quen contrata e paga a Arola cada vez que ben a Galicia a soltar tal despropósito?