Despois de buscar en varias librerías compostelás (non nos queda, vendimos o últimos, so queda un exemplar que está reservado… foron as respostas) está mañá conseguín mercar o libro que vai camiño de converterse no gran éxito da tempada: “Vacas”, de Flavio Morganti (Editorial Everest). So lle votei unha ollada por derriba para comprobar que a emoción que me trasladaba o seu autor, Flavio Morganti, nunha conversa o pasado venres está toda no libro. Así que non vou falar da obra sen tela mirado a fondo, e non pensaba escribir este post se non fora pola información que chega da Consellería de Innovación e Industria respecto del e que me provoca algúns interrogantes. Lee el resto de esta entrada »
Teño o gusto de presentarvos o última novidade editorial, “Hora de comer”, un conto infantil no que os protagonistas da colección, Sara e Branco de Cores, o cabalo da fonte das Praterías que cobra vida na imaxinación da nena, fan un percorrido gastronómico polas rúas de Compostela.Coa presentación estelar da coella de trapo Mimía, chamada a converterse na estrela de futuras publicacións.
O conto está editado por Sotelo Blanco e debería estar nas librerías nestes días.
As preciosas ilustracións son de Andrés Meixide.
.
.
.
.
Xa é a segunda vez que me da a risa escoitando a Sergi Arola dicir a mesma parvada: os cociñeiros galegos teñen difícil destacar por mor da enorme calidade dos nosos produtos. E todos tan panchos. A Voz de Galicia ata titula “Arola y Ana Rosa coas Rías Baixas” (o “y” non é erro meu), cando máis ben debería dicir “Arola contra Galicia”.
Levamos décadas cunha cociña baseada exclusivamente na calidade do produto, con elaboración moi sinxelas, que levaron aos de fóra a dicir que en Galicia non se cociñaba e se deixaba todo en mans da calidade da materia prima. Reclamaban entón máis traballo dos cociñeiro e agora ben este tío a dicirnos que case mellor deixar a cousa como estaba. Lee el resto de esta entrada »

