
Marcelo Tejedor presentou a súa nova proposta de “microcociña” no congreso D’Pintxos celebrado en San Sebastián.
Estes son alguns dos platos preparados no marco da ponencia titulada “A cociña de xoguete”: microbocadillos de salchichón e mexillóns en escabeche (comparar o tamaño de ambos cos dedos do cociñeiro) e micro ovo frito con micro patacas fritas.
Eu tiven o privilexio de asistir en Casa Marcelo á sesión na que Marcelo e Iván prepararon o que despois presentarían en San Sebastián, con grande sorpresa dos asistentes, segundo di o Diario Vasco.
Pasámolo como ananos, nunca mellor dito.
.
.
.
.
.
..
.
.
.





