Quen me le habitualmente sabe ben que un dos eixes do meu traballo pasa pola relación entre gastronomía e cultura. Que a cociña e a gastronomía son parte da cultura dun país, dun pobo, non o discute xa ninguén, pero en realidade trátase de ir máis aló, establecer vínculos fortes e permanentes entre gastronomía e literatura, teatro, música, cine…
En Galicia hai moito traballo feito de vello. Quen non o crea pode pasar pola sección de “Poesía” deste blog para descubrir o filón culinario dalgúns dos máis insignes poetas do país, dende Rosalía de Castro ata Manuel María. E o mesmo pasa na prosa, xa que non so Cunqueiro escribiu en Galicia sobre cociña. A lista é moi longa.
Así que nese empeño persoal de ligar ambas cousas, sempre me da unha especial satisfacción calquera acto ou evento no que se produce a unión. Lee el resto de esta entrada »

