Os 15 restaurantes galegos que a Guía Campsa 2008 cualificará con un ou dous soles xa deixaron de ser un segredo. Son, como digo, 15 restaurantes que xunta en total 20 soles. Os nomes desveláronse esta tarde na presentación da versión en galego de repsolypf.com.

A polémica está servida: Casa Marcelo, sen dúbida o máis emblemático dos restaurantes galegos actuais, perde o sol que tiña na edición de 2007 e haberá que agardar á publicación da guía para saber se sigue incluída na mesma ou chegaron a excluílo. A causa é para min descoñecida, pero so se me ocorre que se deba ao peche por fin de tempada: o restaurante estará pechado do 1 de outubro de 2007 ao 1 de abril de 2008, pero Marcelo segue a traballar no mesmo, experimentando pratos novos. Lee el resto de esta entrada »