Vaia día que levo hoxe!. Aparte do traballo intenso, atopei novidades que quero compartir con todos.
Hai uns días Colineta daba en primicia a nova de que Marqués de Vizhoja sacaba ao mercado as “Gotas del Marqués”, que a día de hoxe xa tiveron reflexo nunha boa parte da prensa galega e algúns blogs feitos en Madrid.
A iniciativa sorprendeume e pareceume orixinal, á marxe de que a presentación da mesma fora, na miña opinión, algo chapuceira. Pero miren por onde, hoxe abro “VS, el magazine del vino, la gastronomía y más” que cada mes recibo con El Progreso e atopo que hai outras iniciativas semellantes tan creativas polo menos como as gotas. Unha compañía austríaca, Wenger, saca ao mercado Go Wodka, en forma de tubo como o da pasta de dentes, cousa que me fai lembrar a miña infancia cando se vendía paté no mesmo envase.
Máis orixinal se cabe son os Torres Flavours, pequenos pulverizadores que conteñen Torres 5, Torres 10 e Moscatel Oro.
Sorpresas
O día tamén tivo sorpresa. Encartado nun xornal gratuíto chega ás miñas mans o folleto elaborado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Aínda non puiden lelo e non dubido de que será un folleto ben interesante, pero a portada do mesmo é ben pobre: semella que no mundo non existen máis que lepiotas. Lee el resto de esta entrada »

