Remataron hoxe os obradoiros con cogomelos do programa “Santiago de Compostela. Repetirás” coa intervención do catalán afincando en Galicia Jaume García (foi propietario e chef do Velis Nolis da Estrada, pero agora está a buscar local en Compostela para abrir aquí), que nos deixou unha das grandes marabillas dos seis obradoiros que se celebraron: castañas con boletus. Sinxelamente perfecta a mestura, da que xa darei máis detalles noutro momento.
Pasaron polos obradoiros Héctor López (restaurante España, de Lugo), Gonzalo Rey (El Mercadito, Santiago de Compostela), Daniel Pulzoni e Miguel Silvarredonda (ambos profesores de cociña), Pedro Roca (ex-chef do Aragunaey, en trance de abrir restaurante propio en Santiago) e Jaume García, así como preto de 200 afeccionados á cociña.
Teño gañas de preparar varias das receitas aprendidas nos talleres, pero pouco tempo para iso, así que a cousa irá pouco a pouco. De momento, aquí vai a experiencia cos chipiróns recheos con prebe de trompeta dos mortos, que explicou Daniel Pulzoni e repetín na miña cociña. Lee el resto de esta entrada »
Hoxe presentouse oficialmente en Santiago de Compostela, pero antes dito acto xa o puiden ver nos andeis dalgunhas librerías compostelás. O libro “50 recetas con filloas” publicado pola editorial 
Pasaron xa outros dous cociñeiros polos obradoiros gastronómicos de “
O prato sorprendeu a tódolos asistentes que descubríamos por primeira vez este fungo, cun sabor amargo que perdura na boca. Gustoume a combinación de sabores de texturas da polenta, a crema de fungo e as luras, así que xa sei que uso darlle a esa lata de huitlacoche que me trouxo hai tempo un amigo de México e que anda morta de risa pola despensa.
No escaparte dunha importante pastelería compostelá atopo (e fotografío co móbil) esta novidade: agora as tartas de Santiago pequenas, dunha ración, chámanse “tartaletas”.




