Por fin a gastronomía comeza a ser considerada polos galegos, refírome aos empresarios e institucións da terra, como un dos principais reclamos turísticos que aquí temos. Nin un so visitante que chegue a Galicia marcha da nosa terra sen dicir aquilo tan socorrido de “que ben se come aquí”.
O curioso e que o din incluso nos casos en que realmente comeron mal, inda que eles mesmos non o saiban. Por que o certo é que unha parte da nosa “industria” gastronómica, especialmente nas zonas máis turísticas, non ten o menor reparo en “sablear” ao turista sen pensar no mal que lle poden facer ao país. Son verdadeiros oportunistas que so buscan diñeiro rápido… os que lle cortan o pescozo á galiña dos ovos de ouro.
Afortunadamente, comezan a ser cada vez máis comúns iniciativas doutro tipo, como as dúas que se desenvolven nesta días ligadas ao turismo rural: “Outono gastronómico en turismo rural” e “Cómete o viño”. Lee el resto de esta entrada »

