Esta é a portada do libro publicado polo concello de Ribadeo coas 39 receitas das tapas que participaron na segunda edición de “Ribadeo de Tapeo”.Eo que segue é o texto que eu publico en dito libro.
“Sobre a orixe das tapas circula unha curiosa historia que atribúe a súa creación a un taberneiro andaluz que, preocupado porque os vasos de viño se enchían de po comezou a servilos cunha lasca de xamón derriba.
Unha historia que non resiste o máis mínimo análise. Pensemos. Se o problema é que o po caía no viño sería porque na taberna había moito, moitísimo po. E so podía deberse a unha cousa: a falta total de limpeza no local. ¿E se ao taberneiro non lle preocupaba a limpeza do local qué demo lle ía preocupar a do viño?. Aparte de que sería máis fácil facer tapas de barro, recuperables, para os vasos ou cuncas, no canto de regalar xamón, que nunca foi barato. Descartada, pois, por absurda esta popular teoría sobre o invento das tapas ¿cal sería a súa orixe?.
Hai que indagar nos usos e costumes de séculos pasados sobre o consumo de viño para chegar a formular unha teoría mais crible que a anterior. Durante séculos, o consumo de viño era moi alto alí onde o había, xa que se inxería como alimento enerxético e, ademais, considerábase máis san que a auga, que adoitaba ter altos niveis de contaminación por materias fecais derivadas das filtracións dende pozos negros, cortes e balsas de xurros. Lee el resto de esta entrada »

