
Requeixo da Capela (esquerda) e das Neves (dereita)
O próximo domingo A Capela, moi preto de Pontedeume, celebra a décimo novena edición da Festa do Requeixo, o quinto queixo de Galicia por moito que algúns, máis preocupados do BOE que da realidade, queiran facer del outra cousa. O problema é lingüístico e absurdo.
Alguén quixo un día traducir “requeixo” ao castelán e saíulle “requesón”. E fodeuna. Non sei porque en castelán non se pode dicir “requeixo” e si “mozzarella”, ou “gongonzola”, “maasdamer” e ata “ratatouille”. Lee el resto de esta entrada »

