O último día de campaña electoral estiven en Padrón buscando pementos para unha reportaxe de Galicia Gastronómica.

Unha das cousas que atopei foi este cartel de propaganda política na que os pementos son protagonistas. A min paréceme máis un jalapeño que un auténtico pemento de Padrón, pero ao mellor resulta ser marroquino, cambadés ou almeriense…