Abril 28th, 2007Coitelos de aceiro-carbono

Din que os mellores coitelos do mundo son os xaponeses, que tradicionalmente empregaron o aceiro-carbono para forxalos.
Eu non teño coitelos xaponeses, senón galegos e asturianos e unha navalla extremeña, pero todos son de aceiro carbono: verdadeiras coitelas de afeitar cando están en perfectas condicións, que non é sempre, teño que confesalo.
Aquí volos presento. Os marcados do 1 ao 3 son as últimas adquisicións, aínda con moi pouco uso. O primeiro e o quinto foron feitos polos ferreiros de A Pontenova (Lugo), o 2, 3 e 6 proceden de Taramundi (Asturias) e o 4 é de Santa Comba, no concello de Lugo.
Despois está a navalla (7) que levo sempre cando vou de comida campeira. Foi fabricada en Don Benito (Badaxoz).
Finalmente, o número 8 é de orixe indeterminado e xa non ten uso. Pertenceu a mes avós e foi abandonado hai arredor de cincuenta anos na casa vella da Lavandeira, de onde eu o recuperei. É a mostra do que pode durar un deste coitelos, pero tamén do enorme desgaste que sofren.
© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico






28 Abril 2007 a las 18:20
Nos tamén temos os números dous e tres.
6 Mayo 2007 a las 13:03
Recoméndolle esta foto de coitelos xaponeses (non é miña): http://www.flickr.com/photos/ronsel/483690920/in/photostream/
10 Mayo 2007 a las 10:38
Nos coitelos o tema está claro, o fundamental é afialos antes de traballar con eles.
Lémbro un programa de canal cocina non que saía un famoso cociñeiro cun non menos coñecido restaurante xaponés en Madrid, que cando o vías cortar o peixe quedabas parvo. Comentaba que todos os días antes de traballar afiaba os seus coitelos (penso que era cunha pedra de afiar) e antes de cortar calquer cachiño dáballe unha pasada coa chaira.
Por certo, eu teño unha taboa moi semellante á túa… encántame.
10 Mayo 2007 a las 10:45
A táboa é de Ikea. Leva un montón de anos na casa, pode que sete, e vai estupendamente.
13 Agosto 2007 a las 20:53
Moi bonitos os coitelos, pero o de aceiro - carbono ven sendo unha redundancia: o aceiro é unha aleación de ferro (Fe) e carbono (C), sempre é en todo caso. Eu supoño que vostede está a referirse ao aceiro común, isto é, o que non leva ningún outro compoñente.
Particularmente penso que existen aceiros moitisimo mellores para coitelería, pero para gostos….
En canto á táboa, eu teño outra coma isa e comba…
13 Agosto 2007 a las 23:29
Certo que o de aceiro-carbono é unha redundancia, pero é a terminoloxía que empregan os fabricantes dos mesmos e non me considero con argumentos abondo para corrixilos. Para iso están outros. Respecto da táboa, ten uns catro centímetros de gordo e leva na casa uns sete anos e aínda non combou. Ao mellor non son iguais, senón parecidas.
14 Agosto 2007 a las 1:32
Ou será que Ikea xa non é o que era, agora que está ao alcance de todos os mortais. (a miña tamén ven medindo máis ou menos o mesmo)