Din que os mellores coitelos do mundo son os xaponeses, que tradicionalmente empregaron o aceiro-carbono para forxalos.

Eu non teño coitelos xaponeses, senón galegos e asturianos e unha navalla extremeña, pero todos son de aceiro carbono: verdadeiras coitelas de afeitar cando están en perfectas condicións, que non é sempre, teño que confesalo. Lee el resto de esta entrada »

Comezou a tempada de venda de falsificacións de pementos de Padrón. A foto foi tomada na mañá do 24 de abril no Carrefour de Bertamiráns.

Pódese ver como se venden “pementos de Padrón” a dous prezos diferentes.

Os de enriba, a granel, a 2,94 euros o quilo teñen un cartel que reza “procedencia España”, inda que nos laterais das caixas indica “Maroc”. Ë dicir, o engano é dobre. Non so os pementos non son de Padrón senón que tentan convencernos de que son españois cando son marroquís. Lee el resto de esta entrada »

Era o único da familia que aínda no coñecía o local e fun rematar con esa situación, xa que tanto o que me dicían na casa como o que lle lin a Goumet de Provincias parecíame unha proposta abondo interesante, inda que ao final quedoume un sabor agridoce.

Eramos dous. Pedimos hommos, falafel, un mega-vacabab, como denominan a un descomunal kebab de tenreira (non había de polo) e pastela.

Primeiro chegou o hommos (crema de garavanzos con pasta de sésamo, aceite de oliva e pemento doce). Como ao pedir dubidamos entre hommos e babagameuch (pasta de berenxenas asadas, pasta de sésamo, aceite de oliva e pemento doce), acabaron servíndonos un mix: dous terzos de hommos e un terzo de babagameuch. Moi ben os dous. De entrada gustoume máis o babagameuch, pero conforme íamos avanzando no seu consumo funme decantando cara o hommos. A razón: penso que as berenxenas se asaron con moita temperatura e a pel acabou moi queimada. O sabor afumado que ao comezo facía moi atractivo o babagameuch acabou sendo un pouco rallante.

Cando o hommos e o babagameuch estaban a piques de acabarse chegou á mesa o falafel (croquetas de garavanzos moi especiadas). Levaba unha certa prevención respecto del, xa que na miña casa dicían que era mellor o que fago eu que o que serven en AxQuid. A min o falafel pareceume espléndido, se cadra algo dura a capa exterior, pero cun interior saboroso, tenro e celmoso. É diferente do que eu preparo, xa que cargo máis nas especias (comiño, pemento doce…) mentres o de AxQuid pareceume máis baseado nas herbas (coandro, menta…), pero non peor.

Despois do hommos, babagameuch e falafel tivemos tempo de facer a dixestión ata que chegou a pastela (pasta bric reenchida de polo, froitos secos…), que me decepcionou un pouco, inda que a culpa seguramente foi miña. Eu agardaba a mesma pastela que comera, da man do mesmo cociñeiro, no restaurante que en tempos tivo en Bertamiráns. Pero resulta evidente que non se pode dar o dobre de cantidade por un prezo menor e que o produto sexa o mesmo. Claro que eu tampouco agardaba que, por seis euros, me foran poñer unha pastela que entre dous non fomos capaces de acabar. Malia pequena decepción persoal, a pastela non está mal, especialmente a un prezo de seis euros.

O mega-vacabab (enorme kebab de tenreira) quedou sen tocar. Xa antes de que saíra da cociña pedimos que o envolveran para levar, que na casa teño ao monstro dos kebabs, que deu boa conta del á cea. Eu nin o vin, polo que unicamente podo dar fe do tamaño do bocadillo: descomunal.

Con tres refrescos a conta foi de 22,50, e dicir, máis barato que un menú se temos en conta que pedimos dous, pero en realidade comemos tres.

As pegas

O local ten algunhas pegas, e abondo graves segundo o meu punto de vista. O peor a lentitude. Con catro persoas no comedor (nos e outros dous) o tempo de espera entre o falafel e a pastela foi longuísimo (¿20 minutos?) o que me fai pensar que ao mellor este é un prato que debería desaparecer da carta en ben dunha mellora organización do traballo e do servizo.

A carta xa é abondo curta, e ao non haber kebab de polo reducíase aínda máis. De kebab de cordeiro nin falar.

E o absurdo de non servir bebidas alcólicas. O propietario do local (supoño que é o propietario inda que onte estaba na cociña) tivo restaurante en Bertamiráns e creo recordar que servía viño. Pero aínda que non fora así. Se o propietario é musulmán e non quere beber viño paréceme ben, pero se a clientela demanda esta bebida, ou cervexa, ou o que desexe, non hai motivo para castigala sen ela.

Non despachar bebidas alcólicas en Galicia paréceme tan absurdo como se eu monto un restaurante en Casablanca e so vendo Ribeiro.

Non teño fotos, así que a tomo prestada de Gourmet de Provincia.

A marca “Galicia” vende. E en Madrid de maneira moi notable. Así que non é raro que atopemos estas “empanadas gallegas de carne” fabricadas en Mejorada del Campo (Madrid) por Mendoza’s Cook.

Ou tamén estas estupendas tartas de Santiago fabricadas en Asturias. Neste caso o conto acabarase coa denominación de orixe que se atopa en trámite e, que se non lembro mal, protexe entre outras cousas estas decoración coa cruz de Santiago. Lee el resto de esta entrada »

Makeijan publica unha escolma de receitas con galletas mariñeiras e lembrou que tiña esta foto sen publicar.

Trátase, como di o título, dunha sopa de cebola na que substituín o pan torrado por unha galleta mariñeira derriba da que puxen o queixo para despois gratinalo. O resultado gustoulle a toda a familia, inda que para o meu gusto a galleta estaba demasiado enteira cando o que eu buscaba era que se empapara no caldo. Lee el resto de esta entrada »

Xa que a cousa vai de fotos, aquí van catro que demostran que non hai foto mala, se a miramos con bos ollos.

Todas elas son fragmentos doutras máis grandes. Non están retocadas ni tratadas de ningunha maneira, so recortadas. Lee el resto de esta entrada »


© 2007 Colineta | Curved 3-Columnas por Felix Ker & JustSkins.| Traducido por Trazos Web & Arquitectura