March 30th, 2007Gañamos

Cumbres borrascosas é o título da foto gañadora do I Concurso World Xantanza Photo na sección gastronómica.
Despois da fase de clasificación na que os votos dos blogogastrónomos decidiron os finalistas, a elección final correspondeu a Pepe Solla, que cociñou as trufas que aparecen retratadas entre unha colina de merengue (primeiro plano) e unha montaña de pano de mesa (ao fondo).
A foto é un pequeño fragmento doutra máis xeral, que é a que se pode ver de seguido.

Pero non foi todo, que na final conseguimos colar outra foto, que é a seguinte:

© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico


31 March 2007 a las 2:55
Noraboa! ¿Qué se che pode dicir?
Mira que lle dei voltas para intentar saber de quen era a foto, pero o ser un fragmento despistoume…
O dito, noraboa. Eu tamén cheguei á final, así que estou máis que contenta… competir con profesionais coma vos é todo un honor.
3 April 2007 a las 11:33
Noraboa… pero non che perdoo que entraras na cociña sen avisarme…
3 April 2007 a las 22:18
Enhorabuena,era de mis favoritas y mi votada asi que debes una ronda.