“Que raros son os franceses que din ‘pain’ e ‘fromage’ cando ven se ve que é pan e queixo”. O chiste é vello, pero ven aquí ao pelo, porque ás fabas que ilustran o post de Toñi Vicente véselles de lonxe que son fabas e non outra cousa.
O conto é que a miña admirada Toñi Vicente ten blog na páxina de Yodona, esa revista que edita El Mundo, e na que esta semana prepara, ao seu modo, unha fabada empregando “fabes de Lourenzá”. Lee el resto de esta entrada »


