Marzo 15th, 2007O vendedor de lampreas

Cando me veu como cámara na man rápido deixou a lamprea que estaba a mostrar e colleu outra dun saco para saír máis airoso na foto. A que amosa agora ofrécea por 15 euros.
Dime Eduardo, que semella coñecelo todo sobre este peixe, que é mellor mercalas vivas (as deste home estaban todas mortas) e que os tonos vermellos delatan que proceden dalgún pesco onde a forza da auga e tan tremenda que as maza demasiado.
Sen dúbida estoutras teñen mellor pinta. Fotografeinas o día anterior, vivas, acabadas de sacar da auga. Pódese apreciar que no seu afán de apegarse coa boca a algo válelles ata outra lamprea.

© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico


15 Marzo 2007 a las 9:37
Pero que feas son… e que ben que saben.
15 Marzo 2007 a las 10:05
Por certo, coido que o nome pescos é do Miño. No Ulla chámanlles pesqueiras, se non me equivoco.
Soprendente personaxe, o mencionado Eduardo.
15 Marzo 2007 a las 11:30
E eu que non as probei este ano…