A miña muller, colombiana, asegura que fai un delicioso arroz con Coca Cola, do que non podo dar máis referencias porque nunca o cociñou na casa. Hei lembrarllo e darei fe del no seu momento.

O que non sei se nun futuro próximo veremos este refresco incorporado á cociña galega. Polo momento, na demostración realizada por un chef francés o 1 de marzo en Xantar estaban presentes Pepe Solla (Casa Solla) e Javier González (A Rexidora).