Febrero 19th, 2007Sen comentarios

Cartel fotografado na Festa da Vincha, en Cerdedo, o 18 de febreiro de 2007.
© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico






19 Febrero 2007 a las 23:03
Hahahahahah, mui bo.
21 Febrero 2007 a las 0:14
Boísimo. Boísimo. Boísimo. Quedáronme, por certo, moitas gañas de ter pasado pola Festa da Vincha cando volvimos da respectiva do Caldo de Ósos, despois de velo en GC. Lembro que a miña avoa paterna facía algo parecido ás vinchas, aínda que as lembro con intestino, directamente. Pode ser, Miguel?
22 Febrero 2007 a las 0:37
En Cerdedo a vincha cócese dentro da vexiga do porco seca, de onde lle ven o nome ao doce. Pero na illa de Ons e no Morrazo emprégase o bandullo o o mesmo doce pasa a chamarse entón “bandullo”. Na zona de Sober chámase tamén bandullo ou “tripón doce”. Cocido na vexiga ou na tripa, o doce é o mesmo, inda que hai variacións dunhas partes a outras. A base é pan, leite, azucre e ovos, pero despois, e segundo os sitios, pode levar, canela, anís, nébeda… e ata algún torresmo.
24 Febrero 2007 a las 18:37
O código da vincha
Colineta oferece-nos o cartel fotografado da Festa da Vincha, em Cerdedo, o 18 de fevereiro de 2007. Descobre o doce segredo de Cercedo.
6 Marzo 2007 a las 17:06
O cartel creouse na factoría de Carlos Solla, poeta, menciñeiro e cronista nada oficial daquela terra.
6 Marzo 2007 a las 17:12
Pois tres hurras polo creador.
10 Marzo 2007 a las 11:02
Por alusións. Como xa dixen noutro lugar, a “Festa da Vincha” non é vulgar paparota senón “liturxia dunha relixión libertadora”. Tal evento gastronómico organízao ano tras ano (e van sete), polo Entroido, un pequeno grupo de mulleres vencelladas á Asociación de Mulleres Rurais “Espadela” de Cerdedo, e acadan o milagre con moi poucos medios mais con ilusión, imaxinación e traballo abondos.
Graciñas a todos polos vosos comentarios, sexades quen sexades.
10 Marzo 2007 a las 11:11
O da liturxia e relixión liberadora paréceme un simil desafortunado, que as liturxias non me van moito e relixións iberadoras aínda non coñezo ningunha. Ademási, non preciso que me liberen.
Do que non teño dúbida é do gran traballo que fan as organizadoras da Festa da Vincha e da necesidade que ten o país de máis actos deste tipo e menos festas do marisco. E o cartel é unha marabilla, máis para un fan coma min de Leonardo e un admirador de Botero.
Parabéns ás mulleres de Espadela e a C. Solla.
14 Octubre 2008 a las 20:24
[…] pintó en la Última Cena un menú típico de su tierra y de su época, pero si el pintor fuera Da Vincha y natural de Padrón ¿qué menú […]
16 Febrero 2010 a las 16:55
aqui las unicas fiestas que valen la pena son la de eccehomo
y la del jabali aunque sea practicamente solo comer y comprar alimentos.