Receita en verso da “mixtuga gallega” inlcuída en La Cocina Práctica, máis coñecido coma o “Picadillo”, da Manuel María Puga y Parga, publicado en 1905.

- ¿Ti que fás, Marica?

- Fago unha mixtura.

- Ay que ricas cousas
ti tes eiquí

- Todo che é dulzura.

- Ay, eso si.

- Sóplame alí.
Séntate un pouco,
Farruca da Grova;
qu’en canto se coza,
dareiche unha proba.

- Dime ti, miña Marica,
¿Cómo se fai este guiso?

- Para facelo, miña xoya,
pouca cousa che é preciso.

Media tarteira
de leite de vaca
con ovos
batidos
y-anacos
de pan;
botádelle
azucre,
con pasas e figos,
almendras
tostadas
y-un pouco
de sal.

Manteca de vaca
(de cocho é millor),
e bótalle raspas
de verde limón.

Un pau de canela,
uns poucos piñóns,
y-o forno con ela,
e sans s’acabou.