
Hai dous ou tres meses agasalláronme cunha botelliña de aceite de oliva da denominación de orixe Gata-Hurdes, en Estremadura, elaborado con olivas da variedade manzanilla cacereña. Non ten marca comercial porque procede directamente do consello regulador da D.O.
O aceite durmiu unha tempada na miña cociña ata que decidín abrilo e probalo mollando pan nel, que é a mellor maneira que coñezo de probar un aceite.
¡Que desperdicio deixar pasar o tempo sen probalo!. Un aceite delicioso que, unha vez máis, confirma o que sempre digo: en Estremadura cómese e bébese de medo. Lee el resto de esta entrada »

