Enero 10th, 2007Máis café con moitas máis tapas

Tiñan razón Orsinia e todos cantos no post anterior me recomendaron o “café con tapa” do Marte (Praza Rodrigo del Padrón, Santiago de Compostela).
Nas foto está o café (moi bo) co se anaco de cruasán, mini montado de chourizo e anaquiño de tortilla. Todo por un euro.
A tortilla estaba rabiosamente salgada, pero cun sabor, textura e punto de cocción case perfectos. O escexo de sal perdoabaselle como se lle perdoa a unha anchoa.
Contanme tamén que o “Senra” do posta anterior e o “Marte” son do mesmo propietario. E nótase.
Vista a caousa, vai haber que suxerirlle a Moraiminha que abra una sección de cafés no seu De Pinchos. Ánimo muller.
© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico






11 Enero 2007 a las 15:29
Con café non, que aínda non me coincidiu que me puxeran pincho salgado en ningún sitio; pero con algún que outro gin tonic penso que xa hai empanada, ou pan con xamón, por exemplo. Todo é cuestión de tempo…
24 Enero 2007 a las 18:19
Cant@s blogueir@s e xornalistas nos enfrontamos ao ordenador todas as mañás grazas a esa tortilla e eses cafés… Incluso cando vés correndo dunha rolda de prensa e pides café para levar, danche o picho agarimosamente envolto en papel albal. Que rematen as obras e volva abrir, por favor!
3 Enero 2010 a las 18:28
[…] Con ovos de paspallás por Colineta. […]