December 29th, 2006“Chayotes” en Compostela

Dende hai uns meses, cada semana paso pola praza de abastos de Santiago e sempre atopo algunha sorpresa. A de onte foron estes chayotes ou papa do ar que vendía unha desas mulleres que cada xoves levan ata a praza as súas cestas de verdura, ovos, polos, coellos, etc.
Non puiden saber moito sobre esta verdura, xa que a boa da muller estaba máis interesada en saber de min, do meu traballo e de porque facía fotos, que en contestar ás miñas preguntas. Quedoume claro, eso sí, que eran cultivados na zona de Compostela pola súa filla ou nora, e que se lles pode dar o mesmo emprego que a calquera pataca.
Parece que estas papas do ar (chámanse así porque se cultivan en emparrado) proceden de centroamérica e son parentes de cogombos e calabacíns. Eu merquei tres (un quilo), que me costaron un euro e que aínda non cociñei, polo que xa darei máis detalles.
En internet hai moita información sobre os chayotes, así que deixo un enlace coa primeira páxina que atopei, que ademáis contén moi interesante información.
Para rematar deixo tamén aquí este autoretrato con peixes, froito da visita de onte á nave dos produtos do mar.

© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico


30 December 2006 a las 16:19
Acabasme de crear unha bóa dúbida…. Os chayotes que teñen os meus pais na horta son verdes. Quedo ben intrigado de onde sairon tan brancos. Seran se cadra outra variedade ou algo…
30 December 2006 a las 17:21
Curiosamente os teus chayotes brancos me serviron para descubrir que podo usar as follas dos pementos o verán que ven para preparar un plato filipino.
1 January 2007 a las 21:04
Eu tamén os coñecía verdes. A miña tía os empregaba para facer unha tortilla española “revisitada” que nos estaba mal.