December 20th, 2006Mellor libro galego de 2006 nos premios Gourmand

“A Cociña do Entroido e San Xoán” foi considerado mellor libro galego do ano 2006 nos premios Gourmand World Cookbook no apartado “Best Entertaining Cookbook” (algo así como mellor libro de entretemento).
Os premios Gourmand son considerados os “oscar” da literatura culinaria e dan acceso á gran final mundial, que terá lugar en Beijing (China) a comezos de abirl de 2007.
Outro libro galego “45 recetas con ortigas” tamén foi considerado o mellor de España no apartado de monografías culinarias.
A concesión do premio foi para min unha gran sorpresa, xa que me esquecera de presentalo ao concurso. Afortunadamente a xente de Xerais foron máis dilixentes e presentarono a tempo. Gracias pois.
NOTA: o premio non ten dotación económica, así que o convite da celebración será meramente virtual.
© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico


20 December 2006 a las 21:57
Noraboa, ¿qué mellor se pode decir nestes casos? Por se vai a Beijing a recoller o premio na final, vai a ser mellor que vaias estudando algo do idioma, que o ni hao non da para moito…
20 December 2006 a las 23:47
que… parabéns! Agora, a conquistar Pekín!
21 December 2006 a las 16:50
Noraboa.
Se finalmente foras aló (recómendocho), falamos que nos fomos este ano e paga a pena.
21 December 2006 a las 17:00
Noraboa unha vez mais. Unha aperta.
23 December 2006 a las 16:00
parabens!
23 December 2006 a las 23:16
Noraboa e boas festas.