Diciembre 15th, 2006Galletas con ovos

Tiña uns ovos de paspallar na neveira e onte decidín fritilos, que é unha actividade abondo complexa pola dificultade de partir o ovo sen rachar a xema. O meu sistema consiste en cortar a casca cun coitelo de serra pola parte máis ancha do ovo, baleirándoo nunha cunca antes de mandalo á tixola.
Fritidos os ovos, caín en que tiña unhas galletas mariñeiras, así que cada ovo acabou derriba dunha delas, cun chisco de pemento picante por derriba, unha xema de espárrago e unha alcaparra.
Gustoume o resultado, que ten tres sabores moi diferentes. No primeiro bocado apreciase o contraste entre o renxente da galleta e a cremosidade do ovo frito, coa graza do pemento, que nos fai lembrar uns ovos fritos con chourizo. No segundo bocado incorporase a xema de espárrago, co seu sabor mineral. No terceiro e último bocado a alcaparra fai saltar chispas na boca, coa súa acidez acética.
© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico


15 Diciembre 2006 a las 13:56
O dito, isto leva camiño de convertirse no “Recetario Blogogastronómico da Galleta Mariñeira”. Moi boa pinta.
15 Diciembre 2006 a las 15:39
Gourmet, se fose pan quitámasvo da boca, x-ddd. Vai ser mellor que os das galletas tamén nos fagan algo de publicidade a nós, debemos ser os seus maiores fans. Un día vou a ter que poñer eu a miña foto das galletas coa nocilla, receta moito máis sinxela de facer que todas as vosas.
15 Diciembre 2006 a las 16:45
Ahuuuuum! Que boa pinta!!!
15 Diciembre 2006 a las 18:00
Como responsable do inicio do primeiro concurso pinchos sobre galletas mariñeiras, vexo que vou ter que presentar unha nova proposta.
Por certo, quedouche moi bonitiña, xa non quero pensar no sabor.
15 Diciembre 2006 a las 18:19
Com digo, Makeijan, o pincho ten tres sabores distintos. E dado o seu tamaño hai que comelo en varios bocados.
18 Diciembre 2006 a las 17:02
vaia idea acabas de darme para uns petiscos que teño que preparar nuns días!